domingo, 7 de junio de 2015

INTERCAMBIO SOCIOLINGÜÍSTICO CO CEIP JOAQUÍN RODRÍGUEZ OTERO - ACTIVIDADE PARA O ALUMNADO " MINIQUEST "

Este curso, aproveitando que a nosa "ex-teacher" Cris Soto está destinada no CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño (Malpica de Bergatiños) decidimos levar a cabo un intercambio social, cultural e lingüístico entre o alumnado de 6º de Educación Primaria de ambos centros educativos.

Unha das actividades deste intercambio é a realización dun "miniquest" a través dos cales, os alumnos de Buño e os de Mondoñedo aprenderán cousas das dúas localidades.

E aquí lles deixamos aos nosos amigos de Buño o noso miniquest para que vaian contestando e aprendendo cousas de Mondoñedo. COÑECEMOS MONDOÑEDO

Nós temos que facer o mesmo pero co miniquest que nos preparon eles sobre Buño, podemos acceder a el a través do blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. 

Esperamos que a actividade sexa do voso agrado.

Un saúdo para Buño!!!

domingo, 10 de mayo de 2015

RECURSOS LETRAS GALEGAS

Mañá entramos na Semana das Letras Galegas 2015, que rematará o vindeiro domingo 17 DE MAIO coa celebración do Día das Letras Galegas.

Neste ano 2015, dito día está adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde. No noso centro xa estamos a traballar tanto a súa vida como a súa obra.

Entrando no SEMINARIO GALAN poderedes atopar diferentes recursos para traballar a figura de Filgueira Valverde.

martes, 24 de febrero de 2015

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Desde o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo, sumámonos á conmemoración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
 
 


ENTROIDO

Por fin poñemos un pequeno resumo do que foi o entroido no noso colexio.
 
Desde o venres 6 de febrero no colexio tivemos a visita de Don Horacio, o noso meco. Cada día Don Horacio deixábanos unha orde: traer algo na cabeza, nos pés, no pescozo, un bolso colgado... Pasámolo moi ben durante toda a semana e rematamos o venres coa festa de disfraces e a queima do Don Horacio. Este ano ata os profes deron unha sorpresa!!!
 


 

sábado, 7 de febrero de 2015

RECURSOS ENTROIDO 2015

Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécennos una serie de recursos para o Entroido. Se pinchades na imaxe poderedes acceder a eles.

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015

viernes, 30 de enero de 2015

DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Como cada 30 de xaneiro, hoxe no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
 
Cada titoría traballou o tema na aula mantendo conversas e facendo outros traballos como decorar as aulas, os corredores, facendo colgantes do símbolo da paz...
 
A nivel de centro elaborouse o mural AS CORES DA PAZ, formado por un Arco da Vella que fomos enchendo de mans de cores. Para rematar a conmemoración xuntámonos no patio cuberto e todos xuntos cantamos "Que canten los niños" de José Luis Perales.
 
Nos vindeiros días tentaremos subir máis fotos da celebración.


Tamén o no Recanto do Galego quixemos contribuir a esta celebración.

lunes, 19 de enero de 2015

BENVIDA

Dámosvos a benvida ao novo blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.
 
A principal función do noso equipo é acadar que os nosos alumnos/as sexan competentes na lingua galega potenciando o seu uso a través de distintas actividades.
 
Tamén pretendemos estar á altura dos tempos e por eso decidimos abrir este espazo TIC no cal poderedes ver todas esas actividades que realizamos ao longo do curso así como tamén estar ao día en todas as novas relacionadas coa lingua, literatura e cultura galega.
 
Esperamos que sexa do voso agrado!