viernes, 30 de enero de 2015

DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Como cada 30 de xaneiro, hoxe no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
 
Cada titoría traballou o tema na aula mantendo conversas e facendo outros traballos como decorar as aulas, os corredores, facendo colgantes do símbolo da paz...
 
A nivel de centro elaborouse o mural AS CORES DA PAZ, formado por un Arco da Vella que fomos enchendo de mans de cores. Para rematar a conmemoración xuntámonos no patio cuberto e todos xuntos cantamos "Que canten los niños" de José Luis Perales.
 
Nos vindeiros días tentaremos subir máis fotos da celebración.


Tamén o no Recanto do Galego quixemos contribuir a esta celebración.

1 comentario:

  1. Que mural máis fermoso! Un día para festexar todos e celebrar por todo o alto a paz.

    ResponderEliminar